17/05/24

MISSION: IMPOSSIBLE

Practicamos a 3ª persoa do Presente Continuo co xogo "Mission: Impossible"

A misión: 30 segundos para adiviñar o que está facendo o teu compañeiro.

BLOOKET

 Xogamos coa aplicación BLOOKET a repasar a unidade 5 coa clase de 5º e 6º. Coma sempre coa apreciada axuda do noso auxiliar británico Hamish.




 



What are you wearing?

 Practicando o vocabulario da roupa e a expresión "I'm wearing" coa clase de segundo.     


28/03/24

APRIL'S FOOL DAY

O primeiro día de Abril nos Estados Unidos celebran o chamado "April's Fool Day" (Días dos inocentes). Este día celébrase en moitos lugares do mundo pero en días diferentes, concretamente en España o celebramos o 28 de decembro.
Coma en España, ese día non é festivo pero a xente adoita gastar bromas aos demáis, e nos medios tamén soe aparecer algunha broma en forma de noticia.

Polo que moito coidado co April's Food Day, estade especialmente atentos ese día!

29/12/23

Merry Chrismas!

Nenos, nenas e familias, que pasedes un Bo Nadal e desexarvos un moi feliz 2024!

Fantástica a actuación dos peques do día da Festa de Nadal. Parabéns! 

Aquí tendes os vídeos do día anterior.



04/12/23

CHRISTMAS 23

Este ano imos coa canción de Nadal máis reproducida de todos os tempos. 
"All I want for Christmas is you" by Mariah Carey


Imos facer unha pequena adaptación. Aquí tendes a música e a letra para que vaiades practicando.


16/11/23

Hoxe toca repaso!

Coas actividades da Aula Virtual e co noso auxiliar Hamish pasamos un rato moi divertido.
Encántannos as novas pizarras!



08/11/23

BONFIRE NIGHT


O 5 de novembro os ingleses celebran a "Bonfire Night", a noite das fogueiras. Durante varios días hai multitude de fogueiras por toda Inglaterra,  ademáis de lumes artificiais e numerosos petardos. Con esta festa rememoran un feito histórico acontecido no ano 1605.

Na noite do 5 de novembro un home chamado Guy Fawkes intentou facer voar con dinamita o Palacio de Westminster (sede do parlamento ingles), coa intención de matar ao rei, pero foi apresado e asasinado antes de que levara a cabo o seu plan.

Por tal motivo hoxe en día e desde fai moitos anos nas fogueiras colocan un moneco (guy), que representa a Guy Fawkes, algo semellante ao meco que queimamos nos durante o entroido.


Neste vídeo observaredes como celebran uns nenos ingleses este día.


Who’s that knocking on my door?

 Novo libro de inglés para a biblioteca de aula de 2º. Esta é a versión dixital.

Parabéns, rapaces e rapazas por este fantástico traballo, e grazas Hamish pola túa valiosísima colaboración.

Esperamos que vos guste.



05/11/23

Halloween 2023

 This Halloween...

We made crafts and decorated the classroom...

We sang songs and played games...


 

 We created stories...

We dressed up as mummies, zombies, witches, vampires...



25/10/23

Welcome, Hamish!

 Un ano máis contamos cun auxiliar de conversa no colexio. 

Desta vez tivemos a sorte de recibir a Hamish. Procedente do Reino Unido vai estar con nós ata final de curso. 

Benvido Hamish, felices de terte con nós!

Presentation about me Hamish.pptx de Manuela Feijoo

13/09/23

ENGLISH ASSEMBLY YEAR 2